Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas

Presentouse Design Health Barcelona, un programa formativo pioneiro para impulsar a innovación na saúde


  • Iniciarase o vindeiro mes de setembro e está dirixido a postgraduados con estudos de medicina, biociencias, enxeñaría, economía ou deseño.

  • A innovación na asistencia sanitaria ofrece enormes oportunidades para os emprendedores. 

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 29/04/13 (11:27)

Design Health Barcelona (d·HEALTH Barcelona) é un programa formativo pioneiro para impulsar a innovación, no que as necesidades reais do ámbito hospitalario se converten na base de novas tecnoloxías para mellorar a calidade da atención aos pacientes.
Inspirado nos prestixiosos programas Stanford Biodesign Fellowship e FutureMed (Singularity University), d·HEALTH Barcelona é o programa insignia de Moebio, a nova aposta de Biocat para desenvolver o talento emprendedor no sector da saúde e as ciencias da vida.


d·HEALTH Barcelona é un program innovador en varios aspectos: a inmersión intensiva nun ámbito clínico, o traballo nun equipo onde se complementan coñecementos e experiencias (medicina, negocio, deseño...); novos enfoques metodolóxicos baseados en talleres e dinámicas de grupo, debates abertos, presentacións e diálogos con paneis de especialistas, MOOC..., e a combinación de clases e sesións de traballo sobre ciencia, negocio e X-thinking da man de expertos e emprendedores procedentes de ámbitos diversos. Está previsto tamén que algunhas das sesións se abran a un público máis amplo, nun contexto que facilite o networking e a interacción co sistema dos alumnos que cursen o programa. 


Período de inscrición aberto


d·HEALTH Barcelona, que se iniciará o próximo mes de setembro, está dirixido a postgraduados con estudos de medicina, biociencias, enxeñaría, economía ou deseño que queiran facer un cambio ou dar impulso ás súas carreiras a través do emprendimiento no sector da saúde.


Está previsto que cursen esta primeira edición do programa d·HEALTH Barcelona entre tres e cinco equipos que, tras un período de formación inicial de cinco semanas (bootcamp), se somerxerán durante dous meses (novembro-decembro 2013) no día a día dun dos tres centros hospitalarios de Barcelona que colaboran co programa. Alí convivirán co persoal médico e os pacientes e coñecerán de primeira man como funcionan diferentes unidades do hospital, co obxectivo de identificar centos de necesidades non cubertas. 

Tema: Xeral
Fonte: Biocat
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal