Un dos principais asistentes por voz do mundo aterrou por fin en España. Trátase de Alexa, que é unha tecnoloxía desenvolvida por Amazon e que vén incorporada nos dispositivos Echo (normal, Plus, Dot, Spot e Sub).
Aínda que teñen distintas características, os dispositivos Echo levan a Alexa no seu interior, o asistente por voz desenvolvido por Amazon e un dos máis estendidos en todo o mundo.
O obxectivo deste asistente por voz é axudar ás persoas no seu fogar e son especialmente útiles para moitas persoas con discapacidade e persoas maiores, xa que lles posibilita unha maior autonomía dentro da súa casa.
As posibilidades de Alexa son enormes e, a medida que vai evolucionando, son cada vez maiores. Así, serve para responder preguntas, reproducir música, controlar luces ou termostatos, ler novas e moitas outras funcións que estarán ao alcance da voz de calquera persoa.
Cada dispositivo Echo é diferente. Os modelos Echo, Echo Plus e Echo Dot son altofalantes en distintos tamaños; mentres que Echo Spot leva pantalla e Echo Sub permite engadir graves e profundos ao son de calquera dispositivo Echo.
Estes produtos son compatibles con outros dispositivos como o Amazon Smart Plug, que permite controlar eletrodomésticos de aceso/apagado a través do enchufe, como luces, ventiladores ou cafeteras.
Xunto a estes produtos desenvolvidos por Amazon, numerosas empresas están xa fabricando dispositivos que son compatibles con Alexa, co obxectivo de crear un ecosistema que permita crear fogares o máis accesibles posibles para calquera persoa.
Rexístrate como: