Esta nova solución tecnolóxica multidispositivo está baseada na tecnoloxía Progressive Web App, desenvolvida na liña das últimas tendencias e impulsada por compañías como Google, Apple, Microsoft ou Twitter entre outras.
Os empregados das empresas coas que colabora Hazloposible poderán, a partir de agora, elixir onde ver os contidos relacionados co voluntariado (pc, móbil, tablet), cunha experiencia adaptada a cada dispositivo, grazas a unha solución tecnolóxica que achega o mellor das app nativas e das plataformas web de forma combinada.
Esta tecnoloxía presenta numerosas vantaxes fronte ás app tradicionais como as notificacións push ou o acceso offline, que permitirá aos empregados acceder ás oportunidades de voluntariado aínda sen dispoñer de Internet. A app da fundación Hazloposible permite a instalación na pantalla de inicio do móbil, coa vantaxe de non requirir espazo de almacenamento na memoria do mesmo e unha maior seguridade.
Grazas a plataforma de Hazloposible os empregados poden, en tempo real e desde calquera lugar, levar no seu peto iniciativas solidarias propostas desde a súa empresa, ligadas aos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS), e unirse a oportunidades de voluntariado das máis de 10.000 ONG que colaboran coa fundación. Os empregados poden valorar as actividades nas que participan, compartir as súas experiencias e propoñer a colaboración dos seus compañeiros en proxectos do seu interese.
Esta nova versión da app completa a solución multidispositivo que Hazloposible pon ao servizo das empresas para canalizar, comunicar e xestionar os seus programas de voluntariado corporativo. A tecnoloxía Progressive Web App permite á fundación ofrecer ás empresas, que xa contan coa plataforma de voluntariado corporativo de Hazloposible, integrar os contidos e servizos do portal de voluntariado nos seus móbiles dunha maneira máis eficiente, de forma que poidan acceder a todo o contido da plataforma da súa empresa independentemente do dispositivo ou o lugar onde se atopen. Ademais esta plataforma multidispositivo, que integra todas as funcionalidades, permite unha sinxela implementación nas empresas e un mantemento económico.
Facilitar a participación dos empregados en proxectos de voluntariado a través do móbil permite ademais ás empresas aumentar o impacto das súas accións sociais e medir os resultados destas accións con indicadores en tempo real.
Este lanzamento a Fundación Hazloposible mellora a solución tecnolóxica multiplataforma que ofrece ás empresas, e continúa a senda da innovación tecnolóxica, sempre presente nos proxectos da fundación. Hazloposible aposta deste xeito polas últimas tendencias na tecnoloxía para a mobilidade para poñelas ao servizo do sector social e a participación dos empregados.
A plataforma de voluntariado corporativo está actualmente implementada en empresas das Rede Talento Que Impacta de Hazloposible, e grazas á mesma máis de 314.000 profesionais poden acceder a oportunidades de voluntariado da man das súas empresas.
Rexístrate como: