Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Voluntario da Fundación Telefónica

Día Internacional do Voluntario Telefónica 2018: Cando participas, algo cambia

  • O venres 19 de outubro, en todos os países onde haxa empregados do Grupo Telefónica, organizaranse diferentes actividades de impacto social para celebrar o # DIVT.
  • Máis de 20.000 Voluntarios Telefónica dedicarán o seu tempo e ilusión en facer que este día sexa especial para todos os participantes.
  • Trátase da 16ª edición dunha iniciativa que ten como obxectivo recoñecer o labor que os voluntarios realizan ao longo do ano e o seu compromiso coa solidariedade.
Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 18/10/18 (09:39)

As actividades organizaranse en ámbitos tan diversos como a fenda dixital, a educación e a infancia, a inclusión social, a atención ás persoas con discapacidade, o coidado do medio ambiente, a atención á saúde, a empregabilidade e o emprendemento.

O programa Voluntarios Telefónica é actualmente una das principais iniciativas de voluntariado corporativo no mundo. O programa, xestionado por Fundación Telefónica, conta actualmente con case 40.000 voluntarios activos en 32 países, que doan o seu tempo e coñecemento colaborando en actividades solidarias co obxectivo de impulsar o lado social da transformación dixital. Neste sentido, o programa estendeuse aos máis de trinta países nos que ten presenza o Grupo Telefónica, desde EEUU a Chile, pasando por Alemaña, Inglaterra, China ou Israel.

O Voluntariado Dixital como protagonista da xornada

Este ano máis que nunca se apostará polas actividades de voluntariado dixital, favorecendo así o desenvolvemento social dos colectivos máis desfavorecidos grazas á tecnoloxía. Estas accións, que se realizarán nos diferentes países onde se celebra o Día Internacional do Voluntario Telefónica, incluirán proxectos tan diversos como taller de drons e realidade virtual con nenos hospitalizados, creación de videoxogos con scratch, programa ‘ Influencers que cambian vidas’, para ensinar de forma lúdica aos mozos o papel da muller no ámbito da ciencia, e tecnoloxía ou rutas de sendeirismo con Apps de Geocaching, entre outras actividades.

Acede aquí á noticia completa

Tema: Xeral
Fonte: Fundación Telefónica
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal