Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Imaxe da web 'Tecnoloxía para todos' de Samsung.

Samsung lanza unha web para axudar a utilizar as opcións de accesibilidade dos seus teléfonos

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 19/09/18 (11:25)

Está claro que o primeiro paso para que a tecnoloxía sexa accesible para persoas con discapacidade, é que os dispositivos incorporen as axudas necesarias para que os poidan usar o maior número de persoas posible.

Pero tamén é fundamental que os usuarios coñezan a existencia desas axudas e saiban como acceder a elas, e por iso Samsung decidiu dedicar unha web exclusiva ás opcións de accesibilidade que incorporan os seus teléfonos.

Baixo o título "Tecnoloxía para todos", un lema que en Tecnobility énos moi coñecido, Samsung presentou esta web na que incorpora tutoriais en vídeo para poder activar e utilizar cada unha das axudas de accesibilidade.

Ademais, ofrece aos usuarios con discapacidade a posibilidade de descargar un perfil predefinido de axudas en función da discapacidade de cada un, de maneira que os poden baixar ao seu teléfono e activar automaticamente esas axudas.

Para acceder a esta web podedes entrar nesta ligazón. A páxina divídese en distintas seccións, que son Voz, Visión, Audición, Destreza e Interacción, Historias e Perfís.

Nas catro primeiras seccións os usuarios atoparán explicacións das distintas opcións dispoñibles para axudarlles a utilizar o smartphone. Pola súa banda, en Historias atoparán noticias sobre Samsung e a Accesibilidade dos seus dispositivos; e en Perfís acharán os ficheiros descargables para configurar os seus teléfonos.

O lanzamento desta web por parte de Samsung é unha mostra da importancia que a compañía coreana pon sobre a accesibilidade e no obxectivo de levar a tecnoloxía a todas as persoas.

Tema: Xeral
Fonte: Tecnobility
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal