Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Moza detrás dun portátil.

O novo currículo para desenvolvedores de freeCodeCamp inclúe 1400 leccións e 6 certificacións completamente gratuítas

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 29/08/18 (14:20)

Quizais xa coñecías freeCodeCamp ou quizais non, en calquera caso xa contaramos antes que se trata dunha excelente plataforma na que podes aprender a programar gratis e ademais gañar experiencia escribindo código para organizacións sen fins de lucro.

Sempre ofreceron tres tipos de certificados para os que debes investir unha boa cantidade de horas (1200 aproximadamente), pero se os obtés estarías sumamente preto de obter un bo posto de traballo como desenvolvedror, pois é a historia de máis de 8.000 estudantes da plataforma. E agora, ampliaron o currículo con 1400 leccións e seis novas certificacións.

E por suposto, todo continúa sendo totalmente gratuíto. Ás xa existentes certificacións en desenvolvemento front end, back end e visualización de datos engadíronse seis máis:

  • Deseño web responsivo (HTML, CSS, Flexbox, CSS Grid)
  • Algoritmos JavaScript e Estrutura de datos
  • Librerías Front End (React, Redux, Sass, Bootstrap, jQuery)
  • Visualización de datos (D3.js)
  • APIs e microservicios (Node.js, Express.js, bases de datos)
  • Seguridade da información e garantía de calidade (Chai, Helmet.js, BCrypt, Passport.js)

Para obter calquera das certificacións deberás completar cinco proxectos. Tamén se inclúen unha ampla cantidade de retos de código que son opcionais, pero serven xusto para prepararte para os cinco proxectos.

Outra novidade que incluíron na plataforma son as probas. Tamén engadiron unha nova sección con retos para prepararse para entrevistas de traballo, e ademais agora teñen un buscador intelixente que che deixa atopar máis facilmente o que buscas de entre as máis de 8.000 leccións dispoñibles no sitio.

Se queres ver o currículo completo de freeCodeCamp, podes visitar esta ligazón. É en definitiva unha das mellores plataformas dispoñibles para aprender a programar ao teu propio ritmo e totalmente gratis.

Tema: Xeral
Fonte: GenBeta
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal