Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Un home interactúa cun robot.

Robots para acompañar a persoas maiores

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 02/08/18 (11:13)
  • Unha das aplicacións máis interesantes da robótica e da intelixencia artifical é a posibilidade de desenvolver robots que poidan servir de acompañantes a persoas maiores e persoas con discapacidade e que lles poidan asistir para mellorar a súa autonomía.

 

É unha das aplicacións máis claras que demostra como a tecnoloxía é unha peza clave para mellorar a calidade de vida de persoas maiores e persoas con discapacidade.

Un exemplo é o de Ilunion, a través de Ilunion Sociosanitario, que adquiriu o robot Roni co obxectivo de reforzar o acompañamento a persoas maiores.

A compañía vai utilizar a Roni como unha ferramenta de apoio nas actividades dirixidas a persoas maiores que se desenvolvan na súa sede, co obxectivo de favorecer as relacións sociais.

O robot Roni é un prototipo desenvolvido pola empresa francesa Kompaï Robotics, que incorpora a tecnoloxía Big Data e Internet das Cousas e que permitirá fortalecer o desenvolvemento de distintas actividades de apoio para persoas maiores ou en situación de dependencia.

Roni, bautizado con este nome polos usuarios dun dos centros de día que xestiona Ilunion Sociosanitario, conta cunha pantalla táctil con xogos e vídeos dirixidos á estimulación cognitiva. Ademais, facilitará a comunicación dos usuarios con outras persoas que se atopen fora do centro a través de vídeoconferencias, entre outras posibilidades.

O robot permite tamén a programación de mensaxes con tarefas concretas, o que xera unha función de recordatorio de tarefas e a asimilación de determinadas rutinas, como a comida ou outras tarefas cotiás.

Tema: Xeral
Fonte: Tecnobility
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal