Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Cartel da iniciativa.

Fene achega ás mulleres locais ao uso de novas tecnoloxías

Versión para impresiónSend by email
Fene, 02/08/18 (10:17)

O Concello de Fene vén de abrir o prazo para participar nunha serie de obradoiros de balde sobre novas tecnoloxías da información dirixidos sobre todo a mulleres. A iniciativa enmárcase na relación de colaboración entre o Goberno local (Concellería de Benestar Social e Igualdade) e o Instituto de Investigacións Científicas e Ecolóxicas, con sede en Barallobre, sendo o seu obxectivo incidir “na formación para unha mellor incorporación da muller aos novos sectores de emprego”.

A temática dos cursos é do máis variada: uso do móbil, manexo do computador, redes sociais, correo electrónico, procesador de textos, folla de cálculo ou como elaborar presentacións dixitais. Os obradoiros impartiranse entre os meses de setembro e decembro e celebraranse en distintas sedes e/ou entidades do Concello de Fene. Poderán participar todas as mulleres do municipio sen límite de idade interesadas nestas temáticas, “podendo alcanzar os contidos mínimos ou ben perfeccionar os que xa posúan”, sinala o Goberno local, que engade que o programa tamén está aberto á participación da poboación masculina, aínda que no caso de encher prazas, terán preferencia as mulleres.

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal