A Deputación da Coruña porá en marcha desde mañá un ciclo de charlas informativas para dar a coñecer o funcionamento do programa Conta doada 2, a versión ampliada e actualizada da ferramenta informática que a institución provincial ofrece de forma gratuíta ás asociacións sen ánimo de lucro dos 94 concellos coruñeses.
Na web www.dicoruna.es atópase o formulario de inscrición dos cursos, de 4 horas de duración e totalmente gratuítos. Estas charlas comezan mañá en Santiago ás 16.30 horas e que continuarán ata o 27 de abril.
Edicións (a información dos horarios e o proceso de inscrición están dispoñibles na páxina web da Deputación)
Santiago: 1 de marzo, 12 de abril e 27 de abril
A Coruña: 2 de marzo, 16 de marzo, 17 de abril e 26 de abril
Ferrol: 6 de marzo e 13 de abril
Ribeira: 15 de marzo
Lousame: 21 de marzo
Cee: 2 de abril
Melide: 9 de abril
Conta doada 2
A nova versión da aplicación informática está dispoñible para a súa descarga de maneira libre e gratuíta desde da páxina web da Deputación da Coruña -www.dicoruna.es- tanto en galego como en castelán. A aplicación presenta avances que permitirán o control de tesourería, exercicio económico non coincidente co ano natural, módulo de facturación (incluíndo factura electrónica) e un xestor documental. Todas as consultas e dúbidas sobre a aplicación serán respondidas a través do correo conta.doada@dicoruna.es.
Rexístrate como: