A rehabilitación de persoas con discapacidade auditiva é un momento importante e complicado, polo que calquera apoio que poida facilitar este proceso é fundamental e a tecnoloxía pode ser unha gran axuda.
Así o creu a asociación coruñesa Acopros (Asociación de Colaboración e Promoción dás Persoas Xordas), que se puxo ao choio para desenvolver unha aplicación que poida facilitar o proceso de rehabilitación das persoas con discapacidade auditiva e da súa contorna social.
O proxecto recibe o nome de Praudi e o obxectivo é crear unha aplicación informática actualizada e accesible, cun enfoque atractivo para motivar ás persoas con discapacidade auditiva no proceso de rehabilitación.
Ademais, está pensada especialmente para as persoas con discapacidade auditiva que viven en ámbitos rurais e que teñen dificultades para acudir ás sesións de rehabilitación, xa que poderán realizar os exercicios desde a súa casa.
A aplicación estará destinada tanto á persoas con discapacidade auditiva como aos seus familiares, así como aos profesionais sanitarios e educativos que traballen no proceso de rehabilitación.
Para o desenvolvemento desta app, Acopros contará cun equipo informático que se encargará do desenvolvemento da aplicación e cun logopeda especializado, que deseñaría os exercicios de cada fase da rehabilitación baseándose en imaxes e sons.
Tendo en conta que a rehabilitación auditiva é un proceso longo e difícil, a aplicación terá distintas etapas, co obxectivo de que sexa atractiva para os usuarios en todo momento.
Falamos noutras ocasións da importancia da educación lúdica, pero divertirse tamén é un factor moi importante noutros procesos, como o da rehabilitación.
Rexístrate como: