Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Miguel Fernández.

Lugo quere impulsar a inserción laboral de 36 persoas a través das TIC aplicadas ao patrimonio

Versión para impresiónSend by email
Lugo, 22/06/18 (10:45)

O Concello de Lugo vén de aprobar dous proxectos para fomentar entre a cidadanía a inserción laboral: dúas iniciativas que comparten un alicerce tecnolóxico e innovador como palestra de primeira orde para mellorar e optimizar currículos. Trátase de IneracTICvate e Forum 4.0, que contemplan, entre outras accións, crear unha aplicación móbil e unha páxina web, e a recreación de elementos patrimoniais en 3D, realidade aumentada e fotografía panorámica. 

As actividades foron dadas a coñecer polo voceiro municipal, Miguel Fernández, que informou de que o desenvolvemento dos dous novos obradoiros de emprego xa foi solicitado á Consellería de Economía e Emprego e que o seu importe sería de 443.000 euros. Entre os dous, mellorarían a empregabilidade de tres ducias de lucenses no paro, “ofrecéndolles formación na difusión do patrimonio a través de medios dixitais”.

Tamén lembrou que estas iniciativas súmanse á candidatura do Concello a fondos europeos para un novo plan de emprego, EmPodérate, con 2M euros de orzamento e para 300 lucenses no paro en situación de vulnerabilidade.

InteracTICvate ten un orzamento 288.473€ e está deseñado para a formación de 20 persoas en dúas especialidades: por unha banda Dinamización, Programación e Desenvolvemento de Accións Culturais, que inclúe a elaboración dun catálogo que recolla a arte urbana da cidade; e, pola outra, Producción Fotográfica, que contempla o desenvolvemento dunha app turística de promoción dos principais elementos patrimoniais da cidade. Para dar forma a esta aplicación móbil faranse recreacións en 3D, elementos de realidade aumentada e fotografía panorámica. Para a súa execución contrataranse a tres persoas, entre dirección e monitores.

Por outra parte, Fórum 4.0 precisa un investimento de 154.075,36€ e prevé a formación de 16 persoas, ademais da contratación de outras tres para a súa execución, entre dirección e monitores. As especialidades son, por unha banda, a confección e a publicación de páxinas web, prevéndose a creación dun portal de divulgación e difusión dos patrimonio lucense; e, pola outra, a xestión de mercadotecnia e a comunicación, este bloque dirixido a “pór en valor a patrimonial como factor de desenvolvemento e a potenciar a marca Lugo Romano como destino”.

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal