Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Participantes no curso.

Os maiores de Alfoz introdúcense nas utilidades do móbil grazas á Fundación TIC

Versión para impresiónSend by email
Alfoz, 22/06/18 (10:30)

Proseguen a bo ritmo as accións formativas no rural da Fundación TIC da Deputación de Lugo, achegando coñecemento tecnolóxico-dixital de utilidade á xente de idade. Hoxe mesmo, o deputado de turismo, Eduardo Vidal Baamonde, e o alcalde de Alfoz, Jorge Val Díaz, participaron no obradoiro para maiores Manexo básico de móbil-smartphone, que organizou a TIC da Deputación en Alfoz. 

Vidal Baamonde salientou que “este é un dos varios e exitosos cursos que dende a Deputación de Lugo, por medio da fundación TIC levamos a cabo por toda a provincia e que pretendemos que continúe a ser desta mesma forma”. O dito curso de Alfoz diríxese a familiarizar aos asistentes co uso dos ditos dispositivos e a introducilos nas súas principais vantaxes de comunicación e de busca de información e coñecemento en xeral. O obradoiro insírese no programa de alfabetización tecnolóxica da Fundación TIC para o rural deste segundo trimestre de 2018. Os días pasados as actividades chegaron a concellos como Navia de Suarna, Foz, Xermade, Ribeira de Piquín, Baleira, Fonsagrada e Monforte, amais da comarca da Mariña. En todas as citas estase a conseguir un alto nivel de participación, o que demostra, en palabras da Deputación, “o interese que hai por parte dos maiores sobre a utilidade das novas tecnoloxías como ferramenta para mellorar a súa calidade de vida”. O cursos na provincia son sobre o uso do móbil e Internet, as materias máis demandadas polos usuarios do InLugo da TIC. En total, este segundo trimestre achéganse 1.085 prazas nas 81 accións formativas que imparte a entidade, tanto na sede de seu como na provincia. Segundo explica o Goberno provincial, esta cifra supón un incremento do 60% con respecto á tempada anterior.

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal