A asociacion Forética convoca a edición española dos premios europeos de RSE
Forética é unha rede global de organizacións e profesionais implicados no desenvolvemento da Responsabilidade Social, que aglutina a máis de 200 socios.
O obxectivo dos galardóns é recoñecer os mellores proxectos de colaboración entre empresas e grupos de interese non empresariais pensados para innovar na xestión da empresa.
Os primeiros Premios Europeos de RSE que inspiran a excelencia en RSE en proxectos multi-stakeholder preséntanse en 2013. Esta iniciativa pioneira enfocarase en iniciativas de éxito entre empresas e organizacións non empresariais, cunha énfase particular en programas colaborativos que abordan a sustentabilidade a través da innovación.
Á parte de ser colaborativas e contar coa participación de polo menos unha organización non empresarial, as candidaturas presentadas deberán estar desenvolvidas en España e non ter unha antigüidade de máis de 5 anos.
Apoiado pola Comisión Europea, a rede CSR Europe e a organización británica Business in the Community co-lideran un consorcio de máis de 29 organizacións nacionais traballando no ámbito da RSE para presentar os Premios Europeos de RSE para a colaboración, innovación e impacto.
Para mais información
http://www.foretica.org/premioseuropeos/
O prazo de presentación permanecerá aberto até o 1 de marzo de 2013
Para inscribirte podes porte en contacto con Beatriz Berruga no mail premioseuropeos@foretica.es ou no teléfono 91 522 79 46.
Rexístrate como: