Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Servizo de Información ao Voluntariado

O Servizo de Información ao Voluntariado celebra o seu primeiro mes de vida cun centenar de solicitudes

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 12/06/18 (10:23)

O Servizo de Información ao Voluntariado, que se inaugurou o pasado abril, recibíu no seu primeiro mes de funcionamento máis dun centenar de solicitudes por parte da cidadanía, á que se tentou ofrecer información personalizada sobre a tarefa voluntaria.

Mar Amate, directora da Plataforma di Voluntariado de España, manifestou que "o servizo de información ao voluntariado está tendo unha boa acollida por parte da poboación. De momento está funcionando sen apoio dunha campaña de difusión, só co boca a boca, e a pesar delo recibimos bastantes consultas".

O obxectivo prioritario do Servizo de Información é orientar ás persoas que queiran facer voluntariado, informalas sobre as distintas opcións que existen e derivalas en cada caso cara as organizacións que máis se axusten ás súas expectativas. Desde o Servizo de Información tamén se resposta ás dúbidas das ONG en relación ao seu voluntariado. 

O Servizo de Atención ao Voluntariado funcionará co seguinte horario durante o mes de xiño:

Luns a xoves, de 12 a 14 horas.

Luns e martes, de 16.30 a 18,30 horas.

Teléfono: 91 541 14 66 / mail: infovoluntariado@plataformavoluntariado.org

 

Tema: Xeral
Fonte: Plataforma del Voluntariado de España
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal