Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Acordo de colaboración 100Thanks e Welever.

100Thanks e Welever únense para promover accións de voluntariado a través da tecnoloxía

Versión para impresiónSend by email
Madrid, 04/06/18 (14:06)

A app 100Thanks e Welever asinaron un acordo de colaboración cuxo obxectivo é promover accións de voluntariado que estean ligadas ao uso da tecnoloxía como ferramenta integradora que facilita a posta en marcha de iniciativas de carácter social que achegan un valor á sociedade, segundo informaron ambos os impulsores.

Desta forma, unha das accións previstas será o establecemento de conexións directas entre as súas webs que permitirá aos usuarios de Welever, unha vez finalizada a acción social na que participaron, dar as grazas pola experiencia vivida a través da plataforma de 100Thanks, cunha ligazón habilitada para tal fin.

Pola súa banda, os usuarios de 100Thanks poderán animarse a transformar o seu agradecemento en accións que melloren a vida doutras persoas cun link que lles conducirá á web de Welever, na que poderán consultar proxectos de voluntariados nos que estean interesados en participar.

100Thanks, o proxecto creado en 2015 co obxectivo de promover a gratitude mediante unha web, habilitou unha aplicación móbil (dispoñible en IOS e Android) que permite aos usuarios dar as grazas a calquera persoa. O agradecemento chégalle ao destinatario cunha mensaxe personalizada e en forma de diploma, mediante un mail, redes sociais ou whatsapp, que tamén pode compartir nestas ferramentas.

Unha vez que se enviou o agradecemento, este é situado nun mapa do mundo no que se vai construíndo unha cadea de "thanks" en tempo real e acumúlanse quilómetros percorridos con eses agradecementos e número dos mesmos. Deste xeito, a rede expándese e ramifica aos poucos.

Desde 2015, a plataforma rexistrou en envío de agradecementos a máis de 50 países e recibiu visitas desde 191. Así mesmo, embaixadores e responsables de 100Thanks presentaron o proxecto en 16 países e deron máis de 100 charlas para promover este movemento, cuxos agradecementos percorreron xa máis de 15.000.000 de quilómetros.

Pola súa banda, Welever é un movemento baseado nunha plataforma dixital (web app) para a xestión e reporting automático de voluntariado e acción social que proporciona a entidades e individuos unha panca para cambiar o mundo, para multiplicarse coa colaboración doutras persoas e institucións, para conseguir facer dos barrios, cidades e países, un lugar mellor onde vivir.

A app Welever permite aos individuos participar de forma sinxela en iniciativas de voluntariado organizadas polos axentes sociais, así como propoñer as súas propias accións solidarias e chamar á colaboración cidadá para mellorar a calidade de vida na súa contorna máis próxima.

Tema: Xeral
Fonte: Diario Siglo XXI
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal