Sen dúbida trátase dunha grandísima noticia xa que facilitará o uso destes dispositivos que trasladan ao braille a información textual da pantalla do computador, permitindo o seu uso a persoas cegas.
O novo estándar supoñerá un mellora da calidade de vida destas persoas que poderán utilizar a súa liña braille en calquera computador, facilitando tamén outros aspectos como o da empregabilidade.
Para lograr este obxectivo foi necesario o traballo conxunto das grandes compañías do sector, como Microsoft, Google ou Apple, que desenvolveron o estándar de Deseño de Interface Humana (HID- Human Interface Design) para as liñas ou pantallas braille.
O establecemento deste estándar tamén terá outros beneficios para as persoas con discapacidade visual, como unha diminución dos custos de comercialización e unha maior dispoñibilidade de dispositivos.
O desenvolvemento do HID é unha mostra dos enormes beneficios para a sociedade que ten o traballo conxunto das grandes empresas tecnolóxicas.
Rexístrate como: