Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Unha muller utiliza unhas lentes de realidade virtual xunto a outra muller sentada nunha cadeira de rodas.

A realidade virtual para concienciar sobre os efectos "invisibles" da esclerose múltiple

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 31/05/18 (15:48)

A esclerose múltiple é unha enfermidade que afecta a vida das persoas que a sofren de moitas maneiras, algunhas delas pasan desapercibidas ou son descoñecidas para a maior parte da sociedade.

Para concienciar sobre estes efectos "invisibles" na vida das persoas con esclerose múltiple, unha compañía canadense desenvolveu un programa de realidade virtual que trata de educar á sociedade sobre o impacto que esta enfermidade ten na vida das persoas que a padecen.

O obxectivo desta compañía, denominada EMD Serono e que é filial da alemá Merck KGaA, é facilitar unha mellor comprensión desta enfermidade dexenerativa rompendo as barreiras de aspectos que non son visibles pero que afectan en grande medida a vida dos pacientes.

Trátase dunha experiencia de realidade virtual duns 10 minutos que explora o cerebro dunha persoa con esclerose múltiple e que simula cinco dos síntomas máis frecuentes que afectan á vista e ao oído, máis aló dos efectos sobre a mobilidade.

Con esta interesante iniciativa sumámonos á celebración este mércores do Día Mundial da Esclerose Múltiple.

Tema: Xeral
Fonte: Tecnobility
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal