Xermade,
21/05/18 (12:20)
- O Concello lucense organiza este taller gratuíto incluído no programa 'Promoción da Autonomía Persoal de Maiores da provincia' que organiza en colaboración coa Fundación TIC da Deputación de Lugo
O Concello de Xermade (Lugo) organiza un curso de uso básico e configuración de teléfonos móbiles e smartphones dirixido a persoas maiores do municipio. A formación impártese entre o 22 e o 24 de maio en horario de 9 a 11 horas na Biblioteca Pública Municipal da localidade.
A formación é gratuíta e aínda dispón de prazas que se poden formalizar no teléfono do departamento de Servizos Sociais de Xermade: 982501001 ou na planta baixa do propio consistorio.
A iniciativa forma parte do programa de envellecemento activo 'Promoción da Autonomía Persoal das Maiores da provincia' que a Fundación TIC da Deputación de Lugo e o Concello de Xermade están a desenvolver na devandita localidade desde novembro de 2017 a xuño de 2018.
Tema: Xeral
Fonte:
entremayores