Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Pantallazo da app.

A aplicación "Camiño de Santiago" será accesible para persoas con discapacidade

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 18/05/18 (11:01)
  • Grazas a un acordo entre a Fundación ONCE e o Centro Nacional de Información Xeográfica
 
A nova versión da aplicación "Camiño de Santiago" desenvolvida polo Centro Nacional de Información Xeográfica (CNIG), dependente do Ministerio de Fomento, será accesible para persoas con discapacidade, grazas a un acordo subscrito entre o mencionado centro e a Fundación ONCE. 
 
En función deste acordo, ambas as entidades traballarán conxuntamente no proxecto "App Camiño de Santiago", para lograr que a dita aplicación, unha das máis utilizadas polos peregrinos que realizan o Camiño -con máis de 16.000 descargas anuais- sexa tamén accesible a aqueles con discapacidade. 
 
Desta forma, a Fundación ONCE prestará asistencia ao Centro Nacional de Información Xeográfica para que a nova versión da app non só sexa en si mesma accesible, senón que tamén conteña novas funcionalidades para obter información sobre a accesibilidade das rutas e do resto de servizos ao longo do traxecto.
 
Actualmente, a aplicación atópase tanto na tenda online de Google como de Apple. Esta ferramenta facilita a realización das distintas etapas dos Camiños de Santiago (Camiño Francés, Camiño do Norte), e utiliza como fondo cartográfico os servizos web de cartografía do Instituto Xeográfico Nacional e toda a información das etapas proporcionada pola Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago. 
 
Ademais, inclúese información de natureza cultural e práctica de cada unha das etapas (albergues, monumentos) así como unha completa Guía do Peregrino, que detalla o que se debe coñecer antes de comezar algún dos Camiños. A aplicación permite tomar notas e fotos xeolocalizadas, rexistrar o percorrido realizado (altitude superada, tempo empregado) e compartir toda esta información facilmente a través de redes sociais ou correo electrónico.
Tema: Xeral
Fonte: Fundación ONCE
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal