Navilens funciona dunha forma sinxela para o usuario, xa que a través da cámara detecta con impresionante facilidade os códigos BIDI situados en lugar relevantes e guía ao seu usuario ata alí.
A clave da aplicación está precisamente na facilidade coa que detecta estas etiquetas aínda que estean a moita distancia. Cun varrido da cámara, o usuario recibirá unha lista das distintas opcións e o sistema guiarao ata o punto ao que queira ir.
Para o guiado, Navilens utiliza comandos sinxelos para facilitar a orientación dos usuarios con discapacidade visual, aínda que hai que ter coidado con obstáculos que aparezan no camiño para non chocar con eles.
O sistema funciona de forma moi fluída e sinxela, e só fai falta esperar a que cada vez estea dispoñible en máis lugares relevantes, aínda que aos poucos vanse sumando máis entidades que incorporan as etiquetas nas súas instalacións para guiar aos usuarios, como a rede de Transporte Metropolitano de Barcelona (TMB).
Rexístrate como: