Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Logos de Pinterest sobre botóns.

Pinterest adáptase ás persoas con discapacidades visuais

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 08/05/18 (12:24)
  • A interface de usuario de Pinterest foi adaptada a persoas con distintos graos de cegueira e outras discapacidades visuais.

 

A rede social asociouse con Lighthouse for the Blind and Visually Impaired para tratar as formas nas que se podería incluír na plataforma as persoas con diferentes problemas de visión.

"Pinterest engadiu melloras para que os usuarios con distintos graos de problemas visuais poidan navegar máis comodamente".

A primeira das melloras engadidas trátase dunha calibración do contraste de cores.

O obxectivo é que a paleta de cores sexa máis fácil de ler e máis amena visualmente.

A idea tras esta mellora é que as persoas con baixo nivel de visión e con sensibilidade ás cores brillantes poidan navegar máis facilmente por Pinterest. Outro dos cambios son os chamados indicadores de enfoque.

Estes indicadores contribúen a que as persoas con discapacidades motrices ou visuais utilicen un teclado ou outro dispositivo para poder ver que parte do sitio está enfocado. Desde Pinterest tamén informan que se mellorou o soporte para a lectura en pantalla. Desta maneira resáltanse cadros de texto para que sexa máis fácil iniciar sesión e navegar pola web. Por outra banda, tamén elaboraron unha guía con distintas prácticas para que enxeñeiros e deseñadores poidan crear contornas máis accesibles, complementada cunha biblioteca de compoñentes para a creación de interfaces de usuarios.

Desde Pinterest tamén queren potenciar outro tipo de accesibilidade mediante, por exemplo, a identificación de todos os elementos. Para iso, tratan de facer que cada función conte con iconas que permitan diferenciala con claridade.

Os cambios foron aplicados na aplicación de iOS e na plataforma web, e a súa chegada a Android ocorrerá proximamente. Con estas medias, Pinterest convértese nunha plataforma máis accesible para todos.

Ligazón á noticia na web: www.trecebits.com.

Tema: Xeral
Fonte: discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal