A Consellería de Política Social presentou no Consello da Xunta celebrado esta mañá un informe de seguimento da Estratexia de acción voluntaria 2016-2018 no que se volve constatar que Galicia se consolida como a comunidade autónoma máis solidaria de España. De feito, o ano 2017 pechábase cun incremento no número de voluntarios que participaron nalgún dos programas impulsados dende a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado dun 35% atasuperar os 7700 voluntarios fronte aos 5683 anotados en 2016 e tamén do número de entidades, que pasaron de 159 en 2016 a 186 no 17. E en termos globais, Galicia remataba o ano con 40.375 persoas inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria (un 2% máis que o ano anterior) e con 951 entidades anotadas (un 3% máis que no 2016). Unhas cifras que contrastan co descenso a nivel estatal do número de voluntarios e que o Observatorio da Plataforma de Voluntariado de España cifra en tornoaos 300.000.
Máis polo miúdo, o informe cifra en 7705 as persoasque decidiron participar ao longo do ano 2017 nalgún dos 17 programas de voluntariadoque se impulsaron nos diferentes eidos: cultura, educación, defensa ecolóxica e protección do medio ambiente, xuventude, lecer e tempo libre, igualdadee loita contra a pobreza e a exclusión social. Deles, 4469 eran mulleres e 3236,homes. E se falamos de entidades de acción voluntaria, foron 186 as que se sumaron oano pasado a algunha das propostas impulsadas neste campo, co obxectivo de mellorar as condicións da calidade de vida das persoas ou o seu benestar social.
O ano 2017 tamén trouxo novidades coa incorporaciónde dúas novas áreas de acción voluntaria: o medio rural e as persoas maiores, dende as que se promoveron 31 novos proxectos, complementado, no caso das persoas maiores, co Programa Acompaño, unha iniciativa da Consellería de Política Social dirixida a propiciar a participación de persoas voluntarias que queiran implicarse na intervención nun envellecemento activo e saudable así como a de afrontar o cambio demográfico mediante un enfoque positivo centrado no potencial do colectivo de persoas maiores.
No que respecta ao perfil do voluntario galego, segundo reflexa o informe de seguimento da Estratexia de acción voluntaria 2016-2018 é o dunha persoa menor de 20 anos, e preferentemente de sexo feminino, xa queo 58% dos voluntarios son mulleres fronte ao 42% que son homes. E no caso da idade, máis do 76% das persoas que participan en voluntariado na nosa comunidade teñen menos de 20 anos. De feito, segundo recolle o dito informe, a etapa escolar está a ser clave na creación de conciencia solidaria, xa que o tramo de idade que vai entre os 3 anos (educación infantil) e os 18 anos representa o 71,95% de todo o voluntariado (5.544 persoas). Tal e así que dúas das accións máis sobresaíntes en2017 na promoción do voluntariado foi a edición do material pedagóxico “Os Bolechas aprenden a ser persoas voluntarias”, destinado a educación infantil e primaria, xunto coa introdución da materia de Voluntariado no currículo académico de varios centros de educación secundaria participantes no proxecto da Rede de centros escolares solidarios.
Finalmente, cómpre lembrar que o pasado mes de setembro o Goberno galego aprobada o decreto que regulará o futuro Observatorio Galego de Acción Voluntaria, unha ferramenta a piques de arrancar que suporá un importante avance en materia de investigación, asesoramento e planificación en materia de acción voluntaria. Coa súa posta en marcha pecharase o ciclo normativo exixidopola Lei de acción voluntaria e constituirase un espazo de reflexión, análise e intercambio de coñecementos que servirán para proxectar actuacións e ideas enriquecedoras no ámbito do voluntariado.
Rexístrate como: