Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Braitico.

Presentan un método para aprender braille desde o berce

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 27/04/18 (11:13)
  • Braitico vaise adaptando ás necesidades e capacidades do neno desde que nace e durante toda a súa etapa escolar

 

A ONCE propúxose que todos os nenos con discapacidade visual adscritos á súa organización poidan contar nas súas aulas ao longo deste curso con Braitico, un método inclusivo que favorecerá a aprendizaxe da lectura e a escritura en braille, e que, ademais, permitirá que o resto dos seus compañeiros se interesen, coñezan e familiaricen con este código.

Esta nova didáctica «dotará ao alumno cego das ferramentas necesarias para adquirir destrezas e ser competente», asegurou durante a presentación celebrada onte o delegado territorial en Galicia, Manuel Martínez Pan.

Braitico vaise adaptando ás necesidades e capacidades do neno desde que nace e durante toda a súa etapa escolar, e faino cunha base didáctica e neurolóxica que vai unida ás últimas innovacións educativas.

O sistema é froito do traballo realizado por un importante número de profesores e educadores da ONCE de toda España.

Tema: Xeral
Fonte: La Voz de Galicia
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal