Harrison vive en Cobham, no Reino Unido, e ten dificultades para moverse debido á súa distrofia muscular, polo que se despraza en cadeira de rodas.
Para el viaxar ata onde vive o seu avó é moi complicado, pero grazas a un experimento no que se utilizaron as Hololens de Microsoft e un programa de realidade mixta puideron relacionarse coma se estivesen no mesmo lugar.
O avó de Harrison trasladouse ata a sede da compañía Double Me onde mediante a tecnoloxía puido teletransportarse ata o salón da casa da familia Smith, a moitos quilómetros de distancia.
Alí, Harrison púxose as Hololens e emocionouse ao comprobar que o seu avó estaba no seu salón, a escasos metros del e que practicamente podían ata chocar as mans.
Vídeo (en inglés) publicado por Microsoft no que se ve todo este experimento.
Con esta proba, Microsoft quere demostrar como a tecnoloxía pode mellorar a vida de todas as persoas, como as persoas con discapacidade ou as persoas maiores.
Rexístrate como: