Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Cartel do evento.

Nova edición de Galisenior

Versión para impresiónSend by email
Ourense, 11/04/18 (11:17)
"Afrontar as necesidades dunha sociedade na que a maior parte dos coidadores de dependentes son persoas maiores e propoñer accións e solucións para mellorar este contexto". Este será un dos principais eixos temáticos da 11ª edición do Salón Internacional das Persoas Maiores, Galisenior, que se celebrará en Expourense o días 9 e 10 de maio. Á devandita finalidade súmanse as das últimas edicións desta: promover o envellecemento activo e a detección precoz da dependencia.
 
Para perfilar as actividades que van ter lugar en Galisenior 2018 reuniuse en Expourense o comité organizador do salón. Unha ducia de profesionais e persoas expertas propuxeron os temas que se van a abordar neste punto de encontro para os maiores, as súas familias e os profesionais do sector. Participaron nesta reunión, entre outros, a técnica de Servizos Sociais do Concello de Ourense, María José Valeiras; a director da área de Benestar da Deputación Provincial de Ourense, José Juan Cerdeira; o coordinador do Programa Universitario de Maiores no Campus de Ourense, Alberto Vaqueiro, e o codirector da Cátedra Cruz Vermella Nacional da USC e representante do Instituto Xerontolóxico Galego, José Manuel Mayán. 
 
Tamén asistiron a esta reunión representantes do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia; da Secot (Seniors Españois para a Cooperación Técnica); de empresas do sector como Caser Residencial e de entidades como Cruz Vermella Ourense, as Aulas da Terceira Idade de Ourense (Ategal), Asociación Diabética Auriao a Federación Galega de Asociacións de Familiares de Persoas con Alzheimer (Fagal).
 
Como é habitual Galisenior virará sobre tres eixos: as xornadas técnicas dirixidas aos profesionais, ás actividades dirixidas aos maiores e a área expositivo onde participarán entidades e empresas para presentar produtos e servizos especializados. 
 
Xornadas técnicas e profesionais
Durante a primeira reunión deste comité perfiláronse os temas sobre os que versarán as xornadas técnicas profesionais e que estarán divididos en dous bloques. O primeiro deles será o xa mencionado sobre as persoas dependentes ao cargo de maiores e incluirá tamén outros aspectos como o empobrecemento das persoas maiores, a calidade asistencial ou a prevención e tratamento do Alzheimer.
 
O segundo bloque de conferencias estará orientado a fomentar o envellecemento activo presentando experiencias como as que poden achegar os membros da Secot nas que seniors apoian a emprendedores. Estas xornadas tamén recollerán testemuños vivenciais sobre como viven as persoas maiores nos casos nos que supoñen o principal sustento económico dunha familia ou que son os principais coidadores dos netos.
 
Entre as actividades dirixidas aos maiores, Galisenior 2018 ofrecerá un circuíto sensorial cognitivo organizado pola Cruz Vermella ou clases e talleres de cachibol ou pilates. Pola o seu parte, a Asociación Diabética Auria organizará actividades orientadas a controlar e previr a diabetes.
 
Galisenior é a única feira destas características que se celebra no noroeste peninsular e que está especialmente dirixida a un núcleo de poboación que representa o 25% da demografia galega, ás súas familias e aos profesionais que traballan neste sector.
Tema: Xeral
Fonte: entremayores
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal