Ata o próximo 11 de abril está aberta a convocatoria de premios Open Awards na súa terceira edición para galardoar os mellores proxectos baseados en tecnoloxías abertas de empresas, administracións, comunidades e profesionais. A convocatoria está dirixida a proxectos e iniciativas de código aberto que máis destacaron durante o último ano.
Entre as doce categorías ás que se poden presentar candidaturas, destacan varias moi vinculadas co desenvolvemento das cidades intelixentes. Destacan as categorías de Mellor caso de éxito de empresa e/ou Administración Pública, o Mellor proxecto en transparencia, participación cidadá e goberno aberto, o Mellor proxecto big data e/ou open data, a Mellor App e a Plataforma ou proxecto máis innovador, entre outras.
O proceso de elección dos gañadores, tras o peche do prazo de presentación o próximo 11 de abril, comeza o 18 de abril cando se abren as votacións populares para que todas as persoas interesadas poidan expresar as súas preferencias. Esta votación péchase o 16 de maio e, desde entón, o xurado dispón de 15 días para a deliberación final. A gala de entrega de premios terá lugar no marco do evento OpenExpo Europe 2018 que se celebra en Madrid os días seis e sete de xuño.
Toda a información sobre os requisitos e formularios para poder participar en cada unha das categorías está dispoñible na web de OpenExpo Europe 2018.
Rexístrate como: