Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Pantallazo da app.

A Cruz Vermella presenta a app 'Quérete' para promover hábitos de vida saudables

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 09/04/18 (11:45)

A Cruz Vermella lanzou 'Quérete', unha nova aplicación para dispositivos móbiles a través da cal se favorece a posta en práctica e o mantemento de condutas saudables mediante a realización dunha serie de retos en saúde, no marco do Día Mundial da Saúde.

Con esta aplicación tamén se terá acceso a outras seccións como receitas, recursos de interese ou preguntas frecuentes, onde se ofrece información relacionada coa alimentación equilibrada, o exercicio e a mente sa, que pretenden ser unha guía para eliminar os hábitos nocivos e ser máis saudables. 'Quérete' está dispoñible para a súa descarga en móbiles e tablets. Tamén se pode descargar desde o market de iOS e Android.

Doutra banda, para apoiar o cumprimento dos obxectivos de desenvolvemento sustentable, a Cruz Vermella Española puxo en marcha a campaña 'Imaxes sen Dereitos'. Trátase dun banco de imaxes 'sen dereitos' asinadas por profesionais do mundo da fotografía tales como Aitor Lara, Antonio Pampliega, Mai Saki, Germán Caballero, Roberto Ivan, Raquel Albulñailla, Mónica Torres, Ester Dus e Israel Sánchez Beato.

Cada unha destas imaxes reflicte a realidade, os retos e rostros que se esconden tras os obxectivos. É unha selección que pon o foco nos distintos contextos que requiren dunha necesidade urxente de reverter a situación. Todas elas están visibles na web da campaña, que ademais contará cunha exposición itinerante que poderá visitarse en distintos puntos do país, entre outras actividades.

Tema: Xeral
Fonte: EcoDiario
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal