A accesibilidade segue sendo unha materia pendente para moitas cidades e empresas; e nalgúns casos, a 'escusa' son dificultades técnicas, ou que simplemente que non hai espazo para axudar a todo o mundo.
É o caso dos carteis: a maioría non están deseñados coas persoas cegas en mente, ao non incluír o braille. O sistema de lectura baseado en puntos en relevo ten como inconveniente que necesita espazo adicional; as letras escritas con braille non teñen a mesma forma que as que usamos normalmente.
O tipo de letra con braille incorporado
O proxecto Braille Neue demostrou que iso non ten porqué ser así, co desenvolvemento dun tipo de letra con braille incorporado; así que serve tanto para os cegos como para as persoas con vista.
Foi creada polo deseñador xaponés Kosuke Takahashi, despois de preguntarse como podería ler braille coa vista. A idea é excepcional: crear letras baseándose na posición dos puntos de cada letra do braille. Por exemplo, se a 'T' en Braille consiste en catro puntos, pódese debuxar a letra 'T' facendo que pase por todos eses puntos. Desa maneira, é reconocible para todo o mundo. Non é tan sinxelo como simplemente unir os puntos; con ese método só se conseguirían letras demasiado difíciles de ler.
O desafío era crear un tipo de letra que fose facilmente reconocible a primeira ollada, non excesivamente complicado. Para facilitar a súa implementación, hai dous tipos de letra baseados na mesma idea. Coa versión Standard únense os puntos con liñas e só se pode escribir no alfabeto latino; e coa versión Outline as letras están ocas, e permite escribir kanjis xaponeses ademais do alfabeto latino.
En Braille Neue podemos ver algúns destes problemas, o máis evidente coa 'I' que ten un estraño apéndice; con todo, en xeral as letras son facilmente reconocibles. Ademais, o seu creador afirma que este método tamén se podería aplicar a carteis e tipos de letra xa existentes con algunhas modificacións como no kerning (o espazo entre as letras). Braille Neue é un traballo aínda en progreso, pero pode ser de gran axuda, tanto para cegos como para aprender braille.
Acceso á noticia na web: omicrono.elespanol.com.
Rexístrate como: