Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Unha parella de persoas maiores realiza a declaración da Renda no computador.

Arrinca unha campaña da Renda máis accesible

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 06/04/18 (12:11)
  • Este 4 de abril deu comezo a campaña da declaración da Renda correspondente ao exercicio de 2017 na que a Axencia Tributaria incorporaou unha serie de novidades que, a través da tecnoloxía, poden facilitar os trámites a persoas con discapacidade e persoas maiores.

 

Unha das maiores novidades para esta campaña é o lanzamento dunha aplicación, dispoñible tanto para dispositivos Android como iOS, que permite aos usuarios realizar a declaración a través do teléfono móbil.

Probamos a aplicación co VoiceOver dos dispositivos iOS e a compatibilidade é bastante boa, polo que esta app pode ser unha opción interesante para persoas con discapacidade visual.

Ademais desta nova canle, a Axencia Tributaria puxo tamén en marcha o servizo telefónico "Chamámolo". Este plan permite aos usuarios concertar unha cita previa para que un representante deste organismo se poña en contacto por teléfono co interesado e lle axude a realizar a declaración.

Esta opción telefónica é tamén moi interesante para persoas maiores ou para aqueles con dificultades de mobilidade, xa que evita que se teñan que trasladar ata a sede da Axencia Tributaria.

Tema: Xeral
Fonte: Tecnobility
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal