A plataforma de Turismo Accesible TUR4all, desenvolvida por PREDIF en colaboración coa Fundación Vodafone España, gañou o segundo premio e a mención especial á accesibilidade do "IV Certame Premios Innova eVIA" (Plataforma Tecnolóxica Española de Tecnoloxías para a Saúde e a Vida Activa e Independente), na Categoría Innova PROXECTO, dedicada a aqueles produtos ou servizos innovadores desenvolvidos no seo de proxectos de I+D+i en cooperación, xa nunha fase avanzada de execución e desenvolvemento cun piloto ou prototipo do mesmo, dentro da área de TIC-Saúde, Vida Activa e Independente.
A xornada, organizada por AMETIC, APTE e a Universidade Carlos III de Madrid e patrocinada pola Fundación ONCE e a Cruz Vermella coa colaboración de Google, Innolabs e o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial, dedicouse aos gañadores e finalistas e a todo o tecido de pemes innovadoras en xeral dentro do sector das TIC aplicadas á Saúde e a Vida Activa e Independente.
Na apertura do evento participaron José Manuel Sánchez, catedrático de Tecnoloxía Electrónica e director científico do Centro para a Discapacidade e a Dependencia da UC3M; David Zanoletti, xefe do Departamento de Tecnoloxía Accesible e I+D da Fundación ONCE; Carlos Capataz, director de Servizos Tecnolóxicos Dixitais da Cruz Vermella Española, e José Luís Vilumbrales, vicepresidente de APTE.
Do mesmo xeito que nas edicións anteriores, tivo lugar o "pitch elevator" dos candidatos aos tres premios de cada categoría do certame, categoría Innova PEME e categoría Innova PROXECTO, quen dispuxo de 3 minutos para presentar cada proxecto. Por parte de PREDIF, a persoa que realizou o "pitch elevator" foi Isidro Martín, técnico de accesibilidade.
Por último, tivo lugar a cerimonia de entrega de premios, que foi conducida pola secretaría eVIA. Representantes da Fundación ONCE e da Cruz Vermella entregaron os trofeos aos gañadores, sendo o primeiro premio para Showleap, tecnoloxía para traducir de LSE a voz, e o terceiro para GoAll, aplicación da UCIII de Madrid para persoas xordocegas. O presidente de PREDIF, Francisco Sardón, foi o encargado de recoller os premios outorgados a TUR4all.
Actividades complementarias
A xornada comezou coa presentación do proxecto Orientatech "Avaliando a túa tecnoloxía" a cargo de Ana Peñalver, directora de Proxectos de Innovación da Fundación TECSOS.
Paralelamente, os participantes da xornada puideron visitar a exposición de finalistas IV Certame Premios Innova eVIA, un espazo patrocinado polo proxecto europeo Innolabs.
Previamente á entrega de premios desenvolveuse a mesa redonda "Impulsa a túa actividade innovadora", moderada por José Tomás Romeu, xefe do Departamento de Innovación de AMETIC, na que participaron Eduardo García de la Santa, director da oficina de Madrid de INCOTEC; Noelia Escobar, coordinadora de Activos Intanxibles e Relacións Institucionais de INCOTEC; Roberto Giménez, representante do proxecto "Innolabs" de EUROB CREATIVE; Francisco Javier Manzano, analista de investimentos TIC de CAIXA CAPITAL RISC; e Myriam Martín, Head of Project Management de TICBioMed.
Tamén se celebraron outras actividades, como a sesión plenaria onde diferentes expertos e promotores presentaron iniciativas de diferente natureza, todas elas enfocadas ao soporte de "start-ups" e pemes no sector eVIA, sobre oportunidades de financiamento de ideas e proxectos, aceleradoras de "start-ups" ou dinamizadores de espazos de innovación.
Para finalizar, os asistentes dispuxeron dunha zona de entrevistas bilaterais para poder ser asesorados por expertos que participaron na sesión plenaria da xornada.
Podes descargarte a solución aquí: http://www.fundacionvodafone.es/app/tur4all-0
Máis en información: www.tur4all.com
Rexístrate como: