Santiago de Compostela,
19/03/18 (13:23)
- Desde o 2 de marzo está aberto o prazo para a recepción de candidaturas da novena edición dos Premios SERES.
- Un recoñecemento ás mellores actuacións estratéxicas e innovadoras que xeran valor para a sociedade e a empresa.
- O prazo de entrega das candidaturas remata o 28 de maio ás 11:00 horas.
A Fundación SERES convoca a 9ª edición dos seus premios á Innovación e Compromiso Social da Empresa. Estes galardóns son un recoñecemento, que axuda a promover o compromiso social mediante a comunicación dos casos reais, que desenvolven distintas empresas, e a contaxiar a outras compañías a que inicien un camiño que xere valor para a sociedade e para a empresa.
A Fundación SERES inspira a xestión social estratéxica. Hoxe xa son 140 empresas e institucións as que forma parte deste proxecto. SERES nace coa vocación de transformar a realidade empresarial para alcanzar unha sociedade mellor, construír valor para todos e ser un acelerador do progreso económico e social.
As empresas interesadas en participar nos premios SERES poderán presentar a súa candidatura antes das 11:00 horas do 28 de maio de 2018 a través da web da fundación. As candidaturas deben ser actuacións sociais cuxos beneficiarios sexan colectivos en risco de exclusión.
O xurado terá en conta o valor social e empresarial, o carácter innovador e a integración da actuación social na estratexia da compañía, con independencia do tamaño ou foco social da empresa. O proceso de inscrición é sinxelo para que as empresas que queiran presentar a súa candidatura poidan facelo no menor tempo posible. Só é necesario encher un formulario online e achegar un resumo da actuación presentada.
En anteriores edicións foron premiadas iniciativas estratéxicas de: Ebro Foods, Ilunion Hotels, McKinsey&Company, Accenture, Acciona, Batec Mobility, BBVA, Clínica Rementería, Danone, Disjob, DKV, Endesa, Ferrovial, Fundación Bancaria "La Caixa", Fundación Telefónica, Grupo Norte, Grupo Siro, Grupo VIPS, Indra, Infojobs, MicroBank (La Caixa), MRW, NH Hoteles, Prisa, Repsol e a súa fundación, Supracafé, Telefónica.
Tema: Xeral
Fonte:
discapnet