Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Logo Faxpg.

A Xunta e FAXPG colaboran para fomentar a accesibilidade das persoas xordas e xordo-cegas ás actividades institucionais

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 19/03/18 (12:51)
  • A través deste convenio, porase a disposición do colectivo intérpretes para favorecer a súa participación e tamén se formará a persoal da Xunta en lingua de signos

 

A Xunta e a Federación de asociacións de persoas xordas de Galicia (FAXPG) veñen de asinar un convenio de colaboración para fomentar a accesibilidade das persoas xordas ás actividades institucionais que se celebren este ano.

No convenio establécese a colaboración de ambas entidades. A FAXPG comprométese a facilitar os medios necesarios -intérpretes, fundamentalmente- para garantir o acceso á información facilitada nos actos institucionais da Xunta ao colectivo incluído no ámbito de aplicación da federación.

Ademais, a Federación publicitará estes eventos a través da súa páxina web e ofrecerá accións formativas de linguaxe de signos española ao persoal da consellería.

A Vicepresidencia colabora desde hai anos coa Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia. En 2016, aprobou o o Decreto que regula a atención á cidadanía no sector público autonómico de Galicia, co obxecto de garantir unha mellor e maior atención cidadá, en especial ás persoas con discapacidade.

Para favorecer a accesibilidade das persoas con discapacidade visual, incorporou a posibilidade de presentar suxestións e queixas a través do teléfono 012, e no que respecta ás persoas xordas, co novo decreto garantiuse a permanencia do servizo de videointerpretación en lingua de signos para facilitar a intercomunicación coa administración galega e a realización dos trámites necesarios.

Tema: Xeral
Fonte: Xunta de Galicia
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal