Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Persoa maior usando un teléfono móbil.

O 'Mobile World Congress 2018' vai máis aló dos móbiles e adianta o futuro asistencial

Versión para impresiónSend by email
Barcelona, 13/03/18 (12:52)
  • Móbiles 'intelixentes', asistencia persoal mediante 5G ou Intelixencia Artificial, nanotecnoloxía terapéutica e conectividade total coa contorna foron as tendencias maioritarias do 'Mobile World Congress 2018'
 
A tecnoloxía 5G, nanotecnoloxía como ferramenta terapéutica, as posibilidades do 'Internet das cousas' e unha nova xeración de móbiles que integran a Intelixencia Artificial (IA), a Realidade Virtual e mesmo a condución de automóbiles, foron as principais novidades do 'Mobile World Congress 2018' (MWC), que entre o 26 de febreiro e 1 de marzo congregou na Fira de Barcelona a máis de 107.000 asistentes de todo o mundo. Nesta edición as marcas expositoras tampouco se esqueceron das persoas maiores: a tendencia maioritaria foi a asistencia persoal mediante todo dispositivos como móbiles, tabletas, lentes de realidade virtual ou software para conectar persoa e utensilios cotiáns, a conectividade entre computadores e automóbiles e a intelixencia artificial (IA) e nanoimplantes de grafeno, o material do futuro, utilizado, por exemplo, para recuperar visión. Todo iso con multitude de aplicacións que, máis aló do seu evidente uso comunicativo, comercial, de consumo e lecer, abre infinitas posibilidades no campo da Xerontoloxía, as terapias, a asistencia persoal ou a mellora da calidade de vida dos maiores, dos dependentes, con mobilidade reducida ou con algún tipo de patoloxía física, psíquica, crónica ou dexenerativa. 
 
Móbiles intelixentes e asistencia persoal
Doro, compañía de telefonía para maiores de 65 anos, presentou dous terminais para 'pechar a fenda xeracional e facilitar a vida aos Seniors, os seus familiares e seres queridos'. Un deles, o 'Doro 8035', de fácil uso, guía ao usuario paso a paso para que este o poida personalizar en función das súas necesidades, con son alto e claro, así como unha app que permite a amigos e familiares configurar o teléfono en remoto ou axudar ao usuario en caso de dúbidas no seu uso. E o segundo, o 'Doro 7060', plegable, que presenta o soporte para o estándar Voice sobre LTE (VoLTE) e aplicacións intelixentes como Facebook ou Whatsapp. Ademais, Doro, deu a coñecer tamén a 'SmartCare', unha solución tecnolóxica que permite aos senior alargar a súa independencia mantendo a seguridade. Funciona mediante unha 'nube' que 'fará a vida máis fácil e segura ás persoas de idade avanzada'. É unha instalación dunha serie de sensores situados en lugares estratéxicos do domicilio para detectar posibles cambios na rutina do comportamento ou  emerxencias, que puidesen ser motivo de alarma para os familiares.
 
Vodafone presentou o proxecto 'Mefacilyta', unha ferramenta dixital que para crear e compartir contidos multimedia útiles e personalizados, dirixida especialmente a persoas con necesidades de apoio, como persoas con discapacidade intelectual, persoas maiores, persoas con parálise cerebral, etcétera.
 
Conectado co coche
As tecnoloxías dixitais e de conectividade no automóbil tamén o van a cambiar todo. SEAT, BMW ou Mercedes puxérono en evidencia no MWC con distintas interfaces de voz, vídeo ou son que conectan persoa-movil-coche-fogar. Un exemplo é o 'Seat León Cristóbal' (polo patrón dos condutores) que, entre outras posibilidades, pódese utilizar con mobilidade reducida, con limitacións físicas, de idade, de fraxilidade ou mesmo temporais (vahidos, soño, etcétera) pois funciona coma se fose un computador que xestiona a condución automática, quen pode ou non conducir (previa autorización do seu dono), a ruta extricta a seguir, as delimitacións de quilometraxe, o tempo de uso, e outras múltiples funcións. 
 
Asistencia mediante intelixencia artificial (IA)
Entre os dispositivos e produtos deste congreso destacou ademais o novo asistente de IA da marca TouchPal, 'Talia', que entende o significado de todas as conversacións e que se activada manualmente, non por un comando de voz. Tamén a primeira aplicación para teclado con IA do mundo, que combina precisamente un motor de IA cun asistente persoal. Outros exemplos son 'Aura', o asistente virtual baseado en IA de Telefónica para interacutar cos seus clientes, ou a última tablet da marca Lenovo, que substitúe ás calculadoras con números tan grandes como se queira, como unha lousa dixital.
Tema: Xeral
Fonte: entremayores
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal