A Fundación SERES lembrou que aínda está aberta a convocatoria da 9ª edición dos seus Premios á Innovación e Compromiso Social da Empresa co lema "Divulgar, ensinar, contaxiar". As empresas interesadas en participar teñen de prazo ata o 28 de maio.
Segundo a organización, os Premios SERES son o recoñecemento ás mellores actuacións estratéxicas e innovadoras que xeran valor para a sociedade e a empresa. Así mesmo, axudan a promover a acción social empresarial mediante a comunicación dos casos reais que desenvolven distintas empresas e a contaxiar a outras compañías a que inicien un camiño que xere valor para a sociedade e para a empresa.
"Promovemos o compromiso das empresas na mellora da sociedade con actuacións responsables aliñadas coa estratexia da compañía e xerando valor para todos. Inspiramos a xestión social estratéxica. Hoxe xa son máis de 139 empresas e institucións as que forman parte deste proxecto e representan en torno ao 70% do Ibex 35. O obxectivo que persegue a Fundación é impulsar actuacións sociais das empresas e transformar a realidade empresarial para construír unha sociedade mellor e máis sa e unha empresa máis forte", puntualizou a fundación.
A Fundación indicou que entre os requisitos solicitados débese especificar o colectivo beneficiado, indicando o colectivo en situación desfavorecida ao que vai destinada a actuación, a razón que levou a traballar co colectivo.
Respecto doutras bases da convocatoria, resáltase que se debe indicar tamén a relación entre a súa actividade empresarial e a selección deste colectivo e a descrición xeral e datos do contexto do colectivo. A Fundación tamén require que os participantes puntualicen a actuación e impacto dos proxectos.
Rexístrate como: