Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Give & Gain

Forética lanza a convocatoria para participar na VIII Semana Internacional do Voluntariado Corporativo

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 12/03/18 (09:34)

Forética, a asociación de empresas e profesionais da responsabilidade social empresarial ( RSE) líder en España e Latinoamérica, abre a convocatoria de participación na VIII edición do Give & Gain, a Semana Internacional do Voluntariado Corporativo e da acción solidaria dos empregados.

Forética organiza esta iniciativa coa participación da Fundación Hazloposible como partner estratéxico, o patrocinio de IBM, o apoio institucional do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, o Cabildo de Tenerife, a Comunidad de Madrid e a Xunta de Galicia e a participación do Grupo ATRESMEDIA como media partner. O Club Asturiano de Calidade, a Confederación de Empresarios de Andalucía, Eticentre, Fundación Corresponsables, Respon. cat e Voluntare son colaboradores da iniciativa. Nas súas sete edicións en España, participaron no Give & Gain máis de 8.900 voluntarios de 326 empresas con máis 488 organizacións, en actividades que beneficiaron a máis de 63.000 persoas.

A iniciativa, que terá lugar do 19 ao 29 de abril, ten o obxectivo de xerar o maior impacto posible na mellora das condicións de vida das comunidades máis vulnerables e na súa inclusión social e laboral. Segundo destacou o Director Xeral de Forética, Germán Granda, “o Give & Gain pon de manifesto o impacto social positivo que se logra a través do desenvolvemento dun voluntariado corporativo estratéxico, coordinado e ben xestionado. Animamos ás empresas a que enmarquen as súas actividades durante a Semana, contribuíndo a lanzar unha mensaxe global que visibilice a súa capacidade de liderado transformador como axentes de cambio”.

En palabras da Directora Xeral de Hazloposible, Marisol García, “cada ano Give & Gain suma máis empresas e actividades de voluntariado corporativo conseguindo un maior impacto, o que demostra o potencial desta iniciativa. Desde Hazloposible apostamos ademais por avanzar cara a un voluntariado que aproveite as habilidades profesionais dos empregados para xerar un maior impacto”.

Dúas vías de participación

Existen dúas vías de participación na iniciativa: “Á túa medida”, mediante actividades organizadas directamente por Forética, en colaboración con distintas ONG, e “Á túa maneira”, á que calquera organización, que desenvolva actividades de voluntariado corporativo entre os días 19 e 29 de abril, pode sumarse cumprimentando o seguinte formulario.

Forética organizará o 19 de abril en Madrid o acto público de presentación da Semana Internacional

 

Tema: Xeral
Fonte: Forética
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal