Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Navilens.

Vodafone presenta a aplicación Navilens para orientar a persoas cegas

Versión para impresiónSend by email
Barcelona, 28/02/18 (12:01)

Vodafone acudiu este ano ao Mobile World Congress (MWC) cunha das novidades tecnolóxicas máis relevantes desta edición da feira no que se refire a accesibilidade para persoas con discapacidade.

Trátase da aplicación Navilens, que permite a persoas cegas ler cos seus móbil carteis indicadores en adhesivos dotados dun código.

A aplicación desenvolvérona a firma Neosistec e a Universidade de Alacante e foi galardoada pola Fundación Vodafone co Premio Connecting for Good.

Con motivo do Mobile World Congress, Vodafone levou ao seu estand o proxecto, polo que se interesou o Rei no seu percorrido inaugural pola feira.

Javier Pita, director de Neosistec, explicou a Servimedia que tras os fallos que deron códigos como o QR, este novo código Navilens que idearon "fai accesible de forma sinxela as indicacións ás persoas con deficiencia visual".

"Pensado para persoas que levan bastón ou can guía, o usuario só ten que usar unha man, movéndoa en distintas direccións ou axitándoa para coñecer os detalles do cartel", segundo explica Pita.

Transportes Metropolitanos de Barcelona (TMB) xa empezou a implantar no metro o proxecto con carácter piloto.

Javier Pita espera que o código Navilens, no que traballaron oito anos, se estenda por máis cidades e se poidan beneficiar no futuro del non só as persoas cegas, senón que o código sirva para ofrecer información a todos os usuarios que o queiran empregar.

Tema: Xeral
Fonte: EcoDiario
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal