Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Persoa maior usando un smartphone.

O Grupo Orpea achega as novas tecnoloxías ás persoas maiores

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 27/02/18 (12:02)
  • Desde o 2 de febreiro, púxose en marcha un ciclo de conferencias con temáticas tecnolóxicas de interese para os senior
 
A innovación nos procesos e as novas tecnoloxías non só alcanzan ás xeracións máis novas. Internet e a tecnoloxía, cada vez máis avanzada, son ferramentas fundamentais en cada vez máis ámbitos sociais. Por este motivo, o Grupo Orpea, a través da canle senior da Confederación Estatal de Asociacións e Federacións de Alumnos e Exalumnos dos Programas Universitarios de Maiores (Caumas), está a levar a cabo un ciclo de conferencias co que achegar todas as posibilidades tecnolóxicas aos residentes e equipo humano dos seus centros.
 
O proxecto realízase nas residencias Orpea, en colaboración con Caumas e o Instituto de Maiores e Servizos Sociais (Imserso). Estas organizacións son as que puxeron en marcha o proxecto co obxectivo de achegar as novas tecnoloxías aos maiores. 
 
As conferencias –que comezaron o 2 de febreiro– abordan "temáticas de alto interese para os maiores, fomentando unha vida máis activa e saudable, atrasando por tanto os posibles estados de maior dependencia e, desta forma, conseguindo unha maior calidade de vida", explican desde Orpea e, aseguran, querer "achegar o maior benestar aos nosos residentes, e achegarlles as tecnoloxías a través de temáticas comúns é unha forma diferente, divertida e innovadora de dinamizar a súa actividade nos nosos centros”.
 
As temáticas que se expoñen afondan na historia de España, as festas populares, o museos vistos a través da tecnoloxía ou como aproveita a tecnoloxía para fortalecer a memoria ou o corazón. Pódense consultar todas as actividades que se están desenvolvendo na canle senior de Caumas.
Tema: Xeral
Fonte: entremayores
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal