Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Unha nena comunícase por lingua de signos coa súa nai.

Iniciativas tecnolóxicas para manter viva a LSE como lingua materna

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 22/02/18 (11:48)
  • A Unesco celebra este 21 de febreiro o Día Internacional da Lingua Materna, unha celebración que debe incluír á Lingua de Signos Española (LSE) e na que a CNSE aproveitou para reivindicar a súa protección e promoción

Para miles de persoas a súa lingua materna é a lingua de signos, polo que é fundamental que xurdan iniciativas para a súa difusión e normalización, e iso é o que conseguen proxectos como Movistar+ 5S.

Este servizo de Telefónica ofrece ás persoas xordas contidos audiovisuais, como películas, series ou documentais, en lingua de signos, ademais de con outras axudas como subtitulado ou audiodescrición.

Pero ademais, a oferta de contido en LSE nunha plataforma como Movistar+ supón un grande paso cara á normalización e a promoción do uso desta lingua, o que sen dúbida é un dos grandes obxectivos deste Día Internacional da Lingua Materna.

Neste sentido, a Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE) súmase á declaración da Unesco na que defende a necesidade de preservar a diversidade lingüística e promover o plurilingüismo.

Así mesmo, a confederación reclama que o desenvolvemento regulamentario da lei que recoñece a existencia das linguas de signos españolas (27/2007) inclúa un apartado específico no que se recollan aspectos relativos á protección e promoción destas linguas, ademais do relacionado coa accesibilidade.

En definitiva, é fundamental a total normalización do uso da LSE, estendendo a súa incorporación a todo tipo de contidos dixitais e audiovisuais. Aínda queda moito camiño por percorrer, pero iniciativas como Movistar+ 5S van na dirección correcta e convértena na primeira plataforma de televisión accesible do mundo.

Sen dúbida, este tipo de iniciativas e servizos deben de ser reivindicados nun día no que se celebra a existencia das linguas maternas.

Tema: Xeral
Fonte: Tecnobility
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal