Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Logo Ategal.

Ategal organiza unha xornada para profesionais de toda España que traballan en formación para maiores

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 21/02/18 (11:51)
O venres 23 de febreiro, as Aulas da Terceira Idade de Galicia (Ategal) celebran na súa sede de Santiago (rúa Virxe da Cerca, 31) un curso de formación para directivos da Ceate (Confederación Española de Aulas de Terceira Idade) e que a entidade organiza coa colaboración do Imserso.
 
A xornada 'Cara a un novo modelo de envellecemento activo e saudable' conta coas conferencias e obradoiros de persoas expertas e profesionais do sector como a psicóloga María José Fares Varela, cuxa exposición titulada ‘Modelos de Innovación en envellecemento activo, redes intelixentes e innovación social dixital de Ategal' versa sobre o desenvolvemento e aplicación que Ategal está a realizar dunha App propia desenvolvida pola empresa tecnolóxica galega Tesla&Tecnologies ou as experiencias piloto que o alumnado de Ategal realizou con realidade virtual e aumentada, tecnoloxía interxeracional e formación e contidos dixitais en liña. 
 
A participación de Marcela Parga, coach do Instituto BenPensante versará sobre ‘Comunicación e motivación para liderar'. Nela, falará da escoita como aspecto clave na comunicación ou o máximo respecto polas persoas e pola división de cada unha delas, ámbolos dous transcendentais no ámbito das persoas maiores e a súa atención. 
 
Envellecemento activo e silver economy
Pola tarde, a directora de Activiza, Noelia López, debaterá sobre 'Envellecemento activo e silver economy: novos modelos e oportunidades' enfocado na atención e o ámbito profesional xeriátrico e xerontolóxico. López definirá precisamente que significa actualmente envellecemento activo e silver economy e en que consiste e como se exerce a dinámica participativa na resolución de casos. 
 
A xornada concluirá cunha cea de confraternización de alumnado de Ategal, relatores e participantes da xornada.
Tema: Xeral
Fonte: entremayores
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal