Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Cartel do programa.

A Amtega e FEGAUS organizan en 18 aulas CeMIT un ciclo de xornadas sobre o uso de dispositivos móbiles dirixidas a persoas maiores

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 21/02/18 (14:18)
  • A Federación Galega de Asociacións Universitarias Seniors (FEGAUS) é un dos aliad@s dixitais cos que conta o Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020
  • Dezaoito localidades con aula CeMIT ofertan preto de 600 prazas ata o 23 de marzo para introducir ás persoas maiores no uso da tecnoloxías
  • Pódense consultar as datas e formalizar a inscrición, de balde, na páxina web de CeMIT

 

A Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors (FEGAUS), no marco das súas actividades como aliado do Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020 da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), vén de iniciar un ciclo de vinte charlas informativas sobre o uso de dispositivos móbiles dirixidas a persoas maiores.  

Os contidos, explicados dunha forma amena e sinxela, están orientados para que os asistentes saquen o máximo partido do uso habitual da tecnoloxía, novas aplicacións e recursos que facilitan a vida cotiá como o orientados á planificación de viaxes, os trámites electrónicos, a fotografía e o vídeo, os pagos por internet ou as aplicacións relacionadas coa saúde e os coidados para una madurez mais activa.

Estas actividades informativas son gratuítas e desenvolveranse ata 23 de marzo, inclusive, en horario de 10:30 a 12:00 horas. Estas charlas poden seguirse en streaming dende calquera das dezaoito aulas CeMIT que participan e que ofertan un total de 600 prazas.

As aulas que retransmitirán algunha ou todas estas actividade son: Ames, Arzúa, Bande, Beariz, Boiro, Campo Lameiro, Carballedo, Celanova, Cuntis, Fisterra, Leiro, Marín, Oroso, Ortigueira, Pontevedra, Ribadeo, Valga e Xunqueira de Ambía.

É recomendable poñerse en contacto cos responsables das aulas CeMIT participantes en cada unha das charlas ou inscribirse a través de internet no web https://cemit.xunta.es, para acudir as sesións presenciais, sendo o único requisito esixible o de ser usuario da rede CeMIT.

 

Aliad@s Dixitais

FEGAUS é un dos 700 aliados dixitais do Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020, impulsado pola Amtega, ao que se poden adherir como tales a aquelas empresas e entidades interesadas en participar no desenvolvemento da sociedade dixital en Galicia no marco da súa responsabilidade social empresarial, mediante a achega de recursos financeiros, humanos ou, como neste caso, de coñecemento.

O Plan de Inclusión Dixital é a estratexia autonómica para facilitar a calquera persoa, independentemente do nivel dixital no que se atope, avanzar, madurar e acceder a maiores niveis de coñecemento e uso das TIC.

FEGAUS (Federación Galega de Asociacións Universitarias Sénior) agrupa a 7 asociacións de alumnos e ex-alumnos dos Programas de Maiores dos 7 campus universitarios pertencentes ás tres universidades de Galicia: Santiago, A Coruña e Vigo, contando con arredor de 2.000 alumnos séniors.

Tema: Xeral
Fonte: AMTEGA
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal