Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Voluntariado internacional

Resolve todas as túas dúbidas acerca do voluntariado internacional

  • Para colaborar cunha destas organizacións tan só é necesario ter a vontade de facelo, xa que as maneiras abondan
Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 02/02/18 (09:22)

Grazas ao voluntariado internacional, as persoas que deciden involucrarse nunha causa social teñen a mesmo teempo a posibilidade de coñecer outras culturas. Trátase dunha excelente oportunidade para integrarse nun modo de vida distinto, formando parte dunha experiencia que ofrece outra perspectiva sobre o mundo.

Os que toman a decisión de participar nestesprogramas dan especial importancia ao crecemento e realización que experimentan a nivel persoal. Ademáis, é unha oportunidade de involucrarse e gañar experiencia coa causa social que máis interese ao voluntario.

 

Os valores que debes sentir como propios se queres ser voluntario

Non importa que dure só unhas semanas ou que se extienda por meses ou incluso anos. O voluntariado é sempre unha experiencia sen igual, que brinda a oportunidade de experimentar e coñecer cousas novas, como poucas vivencias o poden facer. Tráatase dun labor especialmente destinado para quen ten un forte sentido do desenvlvemento, a xusticia e a igualdade.

Non todas as ONG ofrecen a oportunidade de facer voluntariados e a modalidade de participación pode variar segundo a organización. Algunhas delas dan esta posibilidade durante o ano enteiro. Con respecto ao tipo de actividade que se pode realizar como voluntario, ésta pode ter relación con proxectos de desenvolvemento comunitario, educativos, sanitarios, e outros temas como a tecnoloxía, o medioambente e un largo etcétera de posibilidades.

Síntete parte dun auténtico logro!

Ante todo, o voluntariado constitúe para as persoas involucradas unha vía de participación na sociedade, mediante organizacións pertencentes ao terceiro sector. Gran cantidade de persoas cada ano deciden libremente participar na mellora do seu entorno, a través de causas sociais.

Todos e cada un dos voluntarios das ONG son protagonistas dos logros e o impacto que se conseguen. As accións de voluntariado son un dos medios máis eficaces para contribuir ao desenvolvemento e o éxito dos proxectos humanitarios. Ademáis, xeran unha conciencia acerca das posibilidades de construir un mundo mellor entre todos.

Quen pode ser voluntario duhna ONG?

Para colaborar cunha destas organizacións tan só é necesario ter a vontade de facelo, xa que as maneiras abondan. Por exemplo, quen teñan coñecementos de idiomas poden prestar a súa axuda traducindo as cartas que se intercambian os padriños e nenos ou nenas apadriñados.

Calquera persoa comprometida, e que desexe empregar parte do se tempo en traballar por unha causa solidaria, non ten máis que poñerse en contacto canto antes coa ONG elexida. Trátase dun entorno no que calquera que queira aportar algo, é absolutamente benvido sempre.

En moitas ocasións ocorre que unha persoa sinte o interese de colaborar cunha causa solidaria. Non importa os antecedentes ou experiencia profesional que teñan, senon que consideran que chegou o momento de dar un xiro á súa vida cara un labor xusto.

Como debe formarse unha persohna que quere participar nun voluntariado?

Algunhas das persoas que xa participaron como voluntarios, quixeron compartir as súas experiencias para conseguir que outros se animen a dar o gran paso. Grazas á súa experiencia, poden aconsellar a quen ainda se atopan indecisos.

Neste sentido, en primeiro lugar, explican como saber que se quere comezar no ámbito do voluntariado internacional. Para elo hai que prantexarse de que maneira se pode aportar máis e que aptitudes son as máis útiles, xa que os perfís profesionais requeridos son moi diversos. A continuación, habería que analizar o momento, destino e tipo de voluntariado a escoller.

Os ámbitos nos que debes afondar

Ademáis do anterior, recoméndase ter unha formación previa, algo que se considera esencial neste ámbito.

Accede aquí á noticia completa

Tema: Xeral
Fonte: El Ideal Gallego
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal