Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Cartel do evento.

Emprendemento e talento dixital, instrumentos para a inclusión laboral

Versión para impresiónSend by email
Madrid, 31/01/18 (13:12)
  • A XI Asemblea Xeral Anual eVIA analizará este binomio

Un ano máis, a Plataforma eVIA organiza a súa asemblea xeral, que alcanza a súa undécima edición baixo o título ‘Emprendemento e talento dixital para a inclusión laboral'. A cita será mañá, 31 de xaneiro, no salón de actos da Fundación ONCE, en Madrid.

Durante a xornada, dedicaranse espazos e sesións informativas sobre ‘O talento dixital: a inclusión social a través do emprego', para o que distintas entidades de referencia expoñerán o seu punto de vista sobre o papel das tecnoloxías en xeral e as TIC en particular como facilitadores da inserción de persoas con discapacidade no ámbito laboral.

Así mesmo, presentarase o labor que realiza o Programa Inserta Emprego da Fundación ONCE, así como testemuños de empresas e persoas que participaron nel.

Por último, asistirán representantes sindicais para compartir a súa visión sobre a importancia do talento dixital no desenvolvemento das empresas e a transformación dixital.

O outro gran asunto que se abordará na xornada será o ‘Apoio ao emprendemento en favor da autonomía persoal', é dicir, a actividade emprendedora como motor para cubrir as necesidades detectadas entre colectivos en risco de exclusión.
Emprendedores e usuarios serán os protagonistas dunha mesa redonda onde se debaterá ao redor das principais necesidades detectadas nestes colectivos e como o emprendemento e a tecnoloxía pode ser un aliado para abordalas.

Os certames Uninnova Innova eVIA, dedicados a premiar as mellores solucións innovadoras no sector das tecnoloxías aplicadas á saúde e a accesibilidade, tamén terán voz nesta cita, que concluirá cun repaso das actividades e iniciativas levadas a cabo pola Plataforma eVIA en 2017 e as novidades previstas para 2018.

A asistencia á xornada é gratuíta. Se queres inscribirche ou consultar o programa, podes facelo nesta ligazón.

Tema: Xeral
Fonte: Solidaridad Digital
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal