Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Logo Ilunion.

Participa na enquisa sobre accesibilidade en domótica

  • Trátase dunha enquisa dirixida a persoas con discapacidade visual co propósito de analizar as súas necesidades e expectativas no manexo de sistemas de calefacción e auga quente

Ilunion Tecnoloxía e Accesibilidade participa neste estudo de investigación de necesidades e expectativas dos usuarios á hora de manexar sistemas de calefacción e auga quente. A través deste breve cuestionario convídase a calquera persoa con discapacidade visual a contar as súas experiencias, necesidades e expectativas na xestión do seu sistema de calefacción e auga quente. Para participar podes acceder á enquisa no seguinte enlace Cuestionario Enquisa Calefacción Vaillant.

O estudo desenvólvese para a empresa Vaillant Group, unha das entidades líderes neste campo e os seus resultados permitirán o desenvolvemento óptimo de solucións e sistemas intelixentes, accesibles, intuitivos e respectuosos co medio ambiente. Isto permitirá proporcionar a maior comodidade, eficiencia e benestar aos seus clientes, entre os que se atopan persoas con discapacidade visual.

Os resultados axudarán á empresa Vaillant a mellorar  a experiencia e accesibilidade dos seus produtos.

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 25/01/18 (11:43)

Tema: Xeral
Fonte: discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal