Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Un mozo en cadeira de rodas traballa nunha oficina.

A patronal aposta pola tecnoloxía para a inclusión laboral, e as empresas?

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 23/01/18 (09:44)
  • A tecnoloxía pode axudar en moitos ámbitos a persoas con discapacidade e a persoas maiores, tanto no seu fogar ou no lecer, como na súa integración no mercado laboral
  • Así o considera tamén a patronal CEOE, pero a pregunta é cando chegará esta mensaxe ás empresas

 

Así o subliñou unha das grandes figuras do sector tecnolóxico e das telecomunicacións dos últimos anos, o presidente da Comisión de Sociedade Dixital da CEOE e ex conselleiro delegado de Telefónica, Julio Linares, nun almorzo organizado pola Fundación ONCE.

Neste acto, Linares subliñou a necesidade de “sensibilizar” ás empresas sobre os beneficios que as novas tecnoloxías poden ofrecer para mellorar a inclusión laboral das persoas con discapacidade.

Estamos de acordo. O problema é que esta mensaxe debe chegar ás empresas, que son as que, en moitos casos, seguen mantendo as barreiras que dificultan a integración das persoas con discapacidade no mercado de traballo.

O propio Linares admitiuno así, ao aseverar que estas persoas aínda se enfrontan a día de hoxe a “certas” barreiras de accesibilidade.

Estas barreiras varían en función do tipo de discapacidade e o tipo de emprego, pero existen e en moitos casos a tecnoloxía ofrece solucións a elas, pero falta a vontade do empresario de querer superalas.

Somos conscientes dos riscos destas xeneralizacións, xa que existen empresas que si apostan pola integración laboral das persoas con discapacidade, pero, desgraciadamente, seguen sendo minoría.

Tema: Xeral
Fonte: Tecnobility
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal