O financiamento de proxectos sociais é unha tarefa de moito traballo para as propias entidades. O perfil non lucrativo das devanditas aventuras e o escaso acceso ao financiamento dificultan a posta en marcha destas iniciativas.
Co obxectivo de achandar o camiño aos proxectos que dean resposta ás necesidades emerxentes da sociedade, La Caixa renovou o seu compromiso social para 2018 coa apertura do Programa de Axuda a Proxectos de Iniciativas Sociais.
As entidades que buscan mellorar a vida das persoas con maiores dificultades poderán optar ás diferentes axudas que outorga a fundación, que conta cun orzamento total de 4,2 millóns de euros a repartir entre os distintos receptores da retribución.
“O progreso e o benestar social son só posibles se traballamos cunha idea clara de igualdade social. De aí a importancia das entidades que, cada ano, apostan por desenvolver proxectos de excelencia, creativos e eficaces na mellora da calidade de vida e o benestar das persoas”, asegura o presidente da Fundación Bancaria La Caixa, Isidro Fainé.
Os campos de actuación dos programas que optan a estas axudas son moi diversos. Poden estar centrados na promoción e mellora da autonomía persoas e atención ao envellecemento, á discapacidade e á enfermidade, á loita contra a pobreza infantil e a exclusión social, ou centrarse na inserción sociolaboral, a acción social no ámbito rural ou na creación de vivendas para a inclusión social.
Os proxectos que máis destaquen dentro das solicitudes tamén poderán optar a recibir un dos dez premios de 15.000 euros comprendidos dentro da cuarta edición dos Premios ‘La Caixa á innovación social. Distinguirase ás ideas que mostren capacidade para modificar unha problemática social de forma sustentable, eficiente e duradeira.
A aposta de La Caixa por renovar o seu compromiso social e retornar á sociedade unha parte dos beneficios que xera coa súa actividade financeira forma parte do plan estratéxico 2016-2019 da súa fundación. De fronte ao 2018, o orzamento para a súa Obra Social aumentou ata os 520 millóns de euros totais.
Só nestes campos de actuación social, La Caixa colaborou durante o ano pasado en 839 proxectos sociais, realizando un investimento de 19,7 millóns de euros. Estas accións chegaron a máis de 264.000 beneficiarios de forma directa.
Persoas con discapacidade, en proceso de envellecemento, con dependencia ou en risco de exclusión social foron os beneficiados por esta campaña, para a que se contrataron 4.309 profesionais e que conseguiu implicar a 13.150 voluntarios.
Rexístrate como: