Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Logo do evento.

Este venres celebrarase o terceiro Hack & Beers en Vigo

Versión para impresiónSend by email
Vigo, 17/01/18 (13:33)

O vindeiro venres de 19:00 a 22:00 horas celebrarase en Forma Coworking (na Avenida da Gran Vía de Vigo) a terceira edición do Hack & Beers, encontro sobre seguridade informática que consistirá en tres relatorios de grande interese.

Bernardo Viqueira, consultor de seguridade en Inprosec, impartirá a charla Hack your enterprise for less than 10$; o investigador en seguridade informática en GRADIANT, David Álvarez, abordará unha Alnalise de Malware para non iniciados; e o director tecnolóxico de Legalpin, Daniel Fernández, realizará un relatorio titulado Hacking the UART for fun and profit.

Este encontro sobre seguridade informática está patrocinado por Inprosec, Gradiant e Sophos Iberia e conta coa colaboración de Forma Coworking e FabLabVigo.

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal