Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Actuación da coral Gaudeamus durante a presentación.

Nova edición de cursos de envellecemento activo do Concello de Ourense

Versión para impresiónSend by email
Ourense, 17/01/18 (13:20)

O Auditorio Municipal de Ourense acolleu a presentación dos 'Cursos de Envellecemento Activo' que promove a Concellería de Asuntos Sociais do Concello de Ourense. En concreto 24, nesta convocatoria, nos que participan, desde o 15 de xaneiro, un total de 692 persoas maiores de 60 anos, 551 mulleres e 141 homes.

Ao acto asistiu o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, quen felicitou ao público asistente por manterse activos: "Non podemos permitirnos o luxo de pararnos en ningún momento", comentou. A esta presentación tamén asistiron a titular da área Social, Sofía Godoy, e a directora xeral de Maiores da Xunta de Galicia, Fabiola García. A oferta de actividades está dirixida ás persoas maiores de 60 anos que están empadroadas no Concello de Ourense, das que se recibiron un total de 1.342 solicitudes. 

 

Materias máis solicitadas

As actividades máis demandadas foron as de exercicio físico, seguidas dos cursos de informática e dos de estimulación cognitiva. Finalmente, organizáronse todas as solicitudes en 39 grupos para realizar 24 cursos: Ioga e tai chi, teatro, inglés, risoterapia, tai chi e qigong, memoria, coaching para maiores, animación á lectura, mantemento físico e estimulación cognitiva, manualidades creativas, pilates, iniciación á informática e manexo del móbil, internet avanzado, natación, aquagym, relaxación, o valor da experiencia, primeiros auxilios, musicoterapia, ximnasia mental e ximnasia terapéutica. 

A presentación contou, ademais, coa actuación da coral 'Gaudeamus', integrada por persoas que participan dos Cursos de Envellecemento activo.

Tema: Xeral
Fonte: entremayores
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal