Soyvisual é unha aplicación desenvolvida pola fundación que incorpora unha serie de exercicios para que nenos e adultos con dificultades para comprender o mundo e comunicarse, como poden ser as persoas con trastorno do espectro autista (TEA), diversidade funcional, afasia ou dexeneración cognitiva, entre outros.
O programa está formado por láminas ilustradas e fotografías sobre as que os usuarios poden traballar dunha forma lúdica e que tamén están dispoñibles para ser impresas, todo de forma gratuíta.
As láminas están deseñadas para recrear escenas próximas á realidade e situacións cotiás, mentres que as fotografías utilízanse para falar sobre o mundo real e son a ponte entre este e outras representacións visuais máis abstractas, como os pictogramas.
Soyvisual está dispoñible tanto a través da súa páxina web como na aplicación gratuíta para Android e para iOS.
Rexístrate como: