Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Neno cun Pingonaut Kidswatch.

Yoigo comercializa un reloxo con funcións de móbil para cativos

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 20/12/17 (09:10)

Ao igual que hai uns anos Movistar iniciou a comercialización do smartwatch para cativos FiLIP, agora Yoigo introduce no seu catálogo o Pingonaut Kidswatch, que venden por 99 euros aos que habería que engadir 4,5 euros/mes para dotalo de conectividade móbil.

O reloxo permite a realización e recepción de chamadas (podendo configurarse unha listaxe branca para maior seguridade), permite enviar mensaxes de voz aos proxenitores, integra GPS, permite establecer zonas de seguridade (lanzando unha alarma ao saírse dunha área), amosa a hora en dixital ou analóxico, xestiónase a través dunha aplicación móbil para iOS e Android (que incluso permite administrar alarmas no reloxo), é resistente a salpicaduras (IP54) e a súa batería pode chegar até os 4 días en espera. Con este reloxo búscase poder localizar aos cativos en calquera momento, poder chamalos por teléfono dende números autorizados previamente e tamén permitir que chamen aos seus proxenitores con só premer un botón.

O produto ten un deseño robusto cunha estética que resultará agradable aos pequenos, aínda que o seu tamaño non é precisamente compacto, o que pode ser un problema para que os cativos o leven posto cando estean fóra do fogar.

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal