Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Un mozo en cadeira de rodas utiliza un computador portátil.

A tecnoloxía ao servizo das persoas que sofren Esclerose Múltiple

Versión para impresiónSend by email
Madrid, 19/12/17 (11:20)
  • Este luns celébrase en España o Día Nacional da Esclerose Múltiple, unha enfermidade do sistema nervioso central que afecta en España a case 50.000 persoas

 

Esta enfermidade progresiva afecta á capacidade de movemento do enfermo, para quen a tecnoloxía pasa a ter unha importancia clave na súa calidade de vida.

Por esta razón, querémosvos traer hoxe de forma moi breve tres exemplos de usos da tecnoloxía destinados a persoas que sofren esta enfermidade.

O primeiro deles e que a maioría xa coñeceredes é Mouse4all, unha aplicación deseñada para teléfonos móbiles que permite utilizar pantallas táctiles con pulsadores. Para iso, a aplicación move un eixo pola pantalla e o usuario pulsa o conmutador cando o aspa pase polo lugar desexado, o que permite ás persoas con dificultades de mobilidade utilizar as pantallas táctiles de dispositivos como teléfonos ou tabletas, co que iso supón na sociedade actual.

A segunda tecnoloxía que vos queremos traer é a cadeira de rodas autónoma na que traballa un equipo da Universidade da Lagoa, que recoñece o movemento ocular do usuario para fixar o destino sobre unha pantalla, ao que a cadeira se move de forma autónoma esquivando os posibles obstáculos.

Se Mouse4all abría a comunicación que permiten os móbiles e as tabletas ás persoas que sofren Esclerose Múltiple e teñen unha capacidade moi limitada de movemento, esta cadeira o que facilita é a súa capacidade de trasladarse dun lugar a outro.

Por último, queriamos falar da aplicación da realidade virtual en exercicios de rehabilitación e para frear o avance da enfermidade, como é o caso do equipo que dirixe a española Charo Ortín.

Este equipo utiliza a realidade virtual para ‘enganar' ao cerebro e facerlle crer que realmente está a mover unha perna, o que en moitos casos permite recuperar a mobilidade nas extremidades.

Unha terapia nova que abre un camiño de grandes esperanzas para as persoas que sofren Esclerose Múltiple.

Tema: Xeral
Fonte: Tecnobility
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal